Dirección General de Costes de Personal y Pensiones Públicas

Organigrama Intervención General de la Administración del EstadoSecretaría de Estado de Presupuestos y GastosSubdirección General de Estudios de Costes y Análisis de RetribucionesSubdirección General de Gestión de Retribuciones y Puestos de TrabajoSubdirección General de Gestión de Clases PasivasSubdirección General de Ordenación Normativa y Recursos e Información de Clases PasivasDirección General de PresupuestosDirección General de Fondos ComunitariosDirección General de Costes de Personal y Pensiones Públicas

Director Xeral Juan José Herrera Campa

Enderezos

Avenida del General Perón, 38 (Edificio Master's II)
28020 Madrid

Teléfono: 91 349 13 00

Funcións

A Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas terá ao seu cargo o exercicio das competencias legalmente atribuídas ao Ministerio de Economía e Facenda en materia de custos derivados de medidas relativas ás retribucións activas e pasivas do persoal ao servizo do sector público estatal e da dotación de postos de traballo aos órganos da Administración, a proposta de normativa e a xestión do sistema de clases pasivas do Estado, e as relativas ás interrelacións entre os distintos sistemas de pensións públicas. Para tal efecto, correspóndenlle especialmente:

  1. a) As funcións normativas e as de estudo, informe e control en materia de retribucións, indemnizacións e doutras medidas das que poden derivar consecuencias económicas para ese persoal.
  2. b) O deseño das políticas de custos de persoal e dos criterios xerais de aplicación das retribucións, dentro das competencias atribuídas ao Ministerio de Economía e Facenda.
  3. c) A análise e cuantificación dos custos de persoal en orde á elaboración do correspondente informe e proposta de inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado.
  4. d) O exame das propostas de aprobación e modificación das relacións e catálogos de postos de traballo, dentro do ámbito de competencias do Ministerio de Economía e Facenda.
  5. e) A autorización da masa salarial dos convenios ou acordos colectivos do persoal laboral para os que as normas orzamentarias establezan o devandito trámite, e o informe preceptivo para a modificación das súas condicións retributivas nos termos previstos nesas normas.
  6. f) O estudo, en colaboración co Ministerio de Administracións Públicas, das estruturas orgánicas e da dotación de postos de traballo da Administración do Estado, desde o punto de vista da eficiencia dos custos.
  7. g) A autorización previa daquelas resolucións, acordos, convenios, pactos, concertos, etc., dos que se deriven incremento de gasto público, en materia de custos de persoal.
  8. h) A autorización da contratación do persoal laboral, tanto con carácter fixo como temporal, así como o nomeamento de funcionarios interinos, no ámbito do sector público estatal, cando así o teña atribuído.
  9. i) A xestión do rexistro de persoal directivo do sector público estatal.
  10. j) O recoñecemento, xestión e proposta dos pagamentos das pensións do réxime de clases pasivas do Estado, das previstas na lexislación especial derivada da Guerra Civil e daqueloutras prestacións, indemnizacións, axudas e anticipos cuxa competencia teña atribuída, así como as funcións de información e atención ao público.
  11. k) A análise, programación, cuantificación e seguimento dos créditos contidos na Sección 07 do orzamento de gastos do Estado, así como daqueloutros que teña asignados en materia de prestacións sociais.
  12. l) O estudo, informe e, se é o caso, proposta das normas orzamentarias que regulan os sistemas de pensións cualificados como públicos, para os efectos do seu coherencia e compatibilidade, e a proposta da normativa que regula o sistema de clases pasivas e pensións especiais.
  13. m) A tramitación, proposta e, se é o caso, resolución das reclamacións e recursos interpostos contra aqueles actos que, en materia de pensións, axudas ou indemnizacións, sexan da súa competencia.
  14. No ámbito das súas competencias, a Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas asumirá as relacións de colaboración cos distintos órganos do Ministerio de Política Territorial e Administración pública, para o eficaz exercicio das funcións que comparten ambos os dous departamentos.
Data da última actualización: 31/5/2012
  • Icono de conformidad con el Nivel Doble-A,
  • XHTML 1.0 Transitional Válido
  • CSS Válido
  • RSS